Os luns obradoiros literarios
Trátase de achegarse aos clásicos de maneira amena e divertida. A cargo de Luz Martínez, voluntaria do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Para nenos e nenas de 6 a 8 anos, máximo 10. Precísase inscrición previa. Na primeira sesión adicaranse 10 minutos á presentación da actividade para as nais e pais dos participantes.