PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2014

Premios da Cultura Galega
Xosé Neira Vilas
Galería Trinta
Cándido Pazó
Festival de Ortigueira
Agapi
David Mackenzie
Grupo Marcelo Macías
Centro PEN
Un recoñecemento colectivo á creatividade e ao traballo a prol da cultura

Os oito Premios da Cultura galega 2014 destacan o labor a prol das letras, das diferentes artes, do audiovisual, do patrimonio e da proxección cultural no exterior. Desde o ano 1995 a Xunta de Galicia vén convocando cada ano uns galardóns cos que poñer en valor a excelencia creativa e o labor de difusión cultural desenvolvido, con esforzo e talento, por persoas e institucións, tanto en Galicia como desde o exterior.

O recoñecemento deste ano, por acordo dun xurado amplo e plural (representantes do Consello da Cultura Galega, da Universidade de Vigo, da Real Academia Galega, da Real Academia Galega de Belas Artes, profesionais da cultura e da propia Xunta de Galicia) entre arredor de 40 candidaturas presentadas por entidades culturais, é para:

Xosé Neira Vilas. A modalidade de Letras recaeu no autor que puxo nas mans dos lectores un dos que sería un dos primeiros best-séllers da literatura xuvenil, Memorias dun neno labrego.

Galería Trinta. No ámbito das artes plásticas, o xurado decidiu que o traballo desenvolvido nas últimas décadas pola  Galería Trinta na difusión da arte contemporánea e dos artistas galegos.

Cándido Pazó. O premio das artes escénicas recaeu nesta edición no actor, narrador, director escénico... Cándido Pazó, polo conxunto de propostas escénicas que leva ofrecido ao longo da súa andaina teatral.

Festival de Ortigueira. Este festival, desde o ano 1978, a festa de referencia do folk en Galicia. O seu labor de plataforma de lanzamento de músicos e de difusión musical e cultural fíxoo merecente este ano do premio na modalidade de música.

Asociación Galega de Produtoras Independentes. A categoría audiovisual recoñece nesta edición o labor da entidade empresarial que en 2014 fai os seus primeiros trinta anos, pola súa contribución á consolidación e ao desenvolvemento da industria cultural galega.

David Mackenzie. O profesor David Mackenzie, primeiro catedrático de Estudos Galegos no mundo anglófono pola Universidade de Birmingham (Reino Unido), resultou o elixido polos membros do xurado polo deu labor a prol da difusión da lingua galega

Grupo Marcelo Macías. O intenso labor de estudo, catalogación e difusión social dos distintos elementos da riqueza do patrimonio cultural desenvolvido por este colectivo obtén este ano a distinción na modalidade de Patrimonio Cultural.

Centro Pen Galicia. A sección galega do PEN Internacional, que cumpre os seus 25 anos de existencia, constitúe un referente da dinamización da literatura en Galicia e no establecemento de relacións con outras literaturas.

O xurado 2014
Xunto co titular de Cultura e Educación formaron parte do xurado o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; Maximino Zumalave Caneda, en representación do presidente do Consello da Cultura Galega; Henrique Monteagudo e Manuel Quintana Martelo en representación da Real Academia Galega e da de Belas Artes, respectivamente; e Gloria Pena Uris, secretaria xeral da Universidade de Vigo, por delegación do reitor. Completaron o xurado a profesora e investigadora de literatura galega Blanca-Ana Roig Rechou; o produtor e presidente do Clúster Audiovisual Galego, Andrés Barbé Riesco; e a pianista e directora do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, Isabel Méndez González. Actuou como secretaria Cristina Fabeiro, subdirectora xeral de Xestión e Coordinación Cultural.

Arte para os premiados
Na edición 2014, o premio para distinguir a excelencia cultural en cada unha das modalidades consiste nunha obra do pintor ourensán Antón Pulido, que lles será entregada aos premiados nun acto que se celebrará a final de ano.