Premio: I Premios Talento Mozo Galicia

I Premios Talento Mozo Galicia

Outorgarase un premio de 5.000 euros por cada unha das cinco modalidades

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca os premios Talento Mozo Galicia para o recoñecemento de traxectorias excelentes e proxectos impulsados e postos en marcha por mozos e mozas galegos. Trátase dunha nova iniciativa coa que se busca poñer en valor e distinguir o talento xuvenil galego.

 

Os premios Talento Mozo Galicia teñen cinco modalidades:

  • Ciencia
  • Rural
  • Deporte
  • Empresa
  • Cultura e Creación

 

Premios

- Outorgarase un premio de 5.000 euros por cada unha das modalidades.

- As persoas premiadas recibirán, ademais da dotación económica do premio, unha distinción honorífica e un diploma acreditativo.

 

Poderán optar aos premios Talento Mozo as persoas mozas que reúnan os seguintes requisitos:

- Ter entre 18 e 30 anos na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.

- Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.

- Contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorra. Para estes efectos, os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.

 

 

Prazos

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario BS327A dispoñible en https://sede.xunta.gal.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de novembro de 2019.

Máis información no
DOG do 21 de outubro de 2019.

Estado do trámite: En prazo en prazo
Prazo de presentación:
21 outubro, 2019 a 21 novembro, 2019

Comparte