Premio: I Concurso de microrrelatos de terror

I Concurso de microrrelatos de terror

Organizado pola Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Bases do concurso:

1. Poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos

2. Cada participante presentará un único relato cunha extensión máxima de 250 palabras.

3. Os relatos presentados deberán ser orixinais e inéditos.

4.. Os traballos presentados  deberán ser escritos en galego ou castelán

Prazo  

O prazo de admisión  dos relatos rematará o vindeiro 10 de decembro, debendo ser entregados na biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,  asinados e cos seus datos persoais engadidos, (nome, dirección postal, correo electrónico e teléfono).

O xurado seleccionará un máximo de 3 traballos.

Premios

1º  premio:  lote de libros e publicación nas redes sociais da biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés.

2º premio: lote de libros

3º premio: lote de libros

Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

A  presentación das obras a este concurso supoñe a aceptación das presentes bases.

A resolución do xurado farase pública o 20 de decembro e comunicarase aos premiados por medio do correo electrónico ou teléfono.

 

Estado do trámite: En trámite