Premio: IX Premio Atlante do Museo de Artes do Gravado á estampa dixital

IX Premio Atlante do Museo de Artes do Gravado á estampa dixital

IX PREMIO DE GRAVADO ATLANTE

BASES
IX PREMIO DE GRAVADO ATLANTE
Edición 2017
1- Poderán participar todos os artistas nacionais e estranxeiros que o desexen. As obras
deberán estar executadas necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas gráficas,
incluídas os procedementos dixitais e electrográficos, que considere conveniente o artista.
2- Admitiranse como máximo dúas obras por autor. O tamaño do papel será de 38 cm x 28 cm.
O artista poderá utilizar as tintas e matrices que estime conveniente para estampar os
orixinais.
3- Os gravados serán inéditos e sen ser editados nin numerados. Os premios outorgados traen
consigo a edición das obras premiadas en 25 exemplares e a súa entrega á Fundación Museo
de Artes.
4- Establécense: Premio Ramiro Carregal de gravado de 5.000 €,1 Premio María del Rosario
Martín de 2500€,2 premios dotados con 2.500 € cada un e un premio especial de 2.000 €,
para un artista nacido ou residente en Galicia. Estes premios estarán suxeitos ás retencións
marcadas pola lei.
5- Xunto coa obra achegarase a seguinte documentación:
Datos do autor: Nome e apelidos / Técnica utilizada / Medida da prancha / Breve currículo
artístico / Fotocopia do DNI ou pasaporte / Enderezo, número de teléfono e correo
electrónico.
6- Os gravados enviaranse sen enmarcar, convenientemente protexidos á Fundación Museo
das Artes do Gravado. Lugar de Outeiro. ARTES- Riveira. 15969 (A Coruña) España, do 1 de
outubro de 2017 ao 31 de maio de 2018.
7- A Fundación Museo de Artes, comprométese a editar unha carpeta cos 5 gravados
premiados. Os gañadores, responsabilízanse de estampar, numerar e asinar os 25 exemplares,
máis as 2 probas de artista; deberán entregar a/as matriz/ces xunto coas 25 estampas á
Fundación Museo de Artes. Os 5 artistas galardoados recibirán da Fundación unha carpeta
completa cos cinco gravados premiados.
8- Os traballos seleccionados exporanse nunha das Salas do Museo de Artes.
9- O xurado estará formado por 5 personalidades do mundo da Arte, e a súa decisión será
inapelable. O veredicto emitirase no prazo máximo de dous meses desde a finalización do
prazo de entrega das obras.
10- A Fundación, velará pola boa conservación dos traballos recibidos, pero non se
responsabiliza polos danos causados durante o envío e devolución das obras. Os gastos de
envío e retorno correrán por conta do artista. Se os envíos son desde España poderanse
achegar os selos para a súa devolución.
11- As obras sen retirar, nin reclamar no prazo de 2 meses transcorridos desde a entrega de
premios, pasarán a engrosar a colección de Arte Gráfica da Fundación.
12- As obras seleccionadas poderanse vender no transcurso da exposición, se previamente así
o indicou o autor, que percibirá o importe integro da venda. Poñeranse en contacto o artista
co comprador.
13-Protección de Datos. Consonte á L.O.P.D. informamos de que os seus datos persoais,
indicados no punto 5, serán rexistrados nos ficheiros automatizados ou non de Fundartes coa
finalidade de xestionar a súa participación no concurso. Informámoslle de que estes poderán
ser publicados en medios de comunicación escrito e/ou dixital coa finalidade de dar a coñecer
os premiados e divulgar a actividade do museo. Informámolo/la de que poderá recibir
información sobre a nosa actividade, eventos e outros a través de medios electrónicos. Vde.
poderá exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación, oposición mediante un escrito
achegando unha copia do DNI á Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, en
Artes Lugar de Outeiro s/n 15969, Ribeira (A Coruña). En caso de que producise algunha
modificación dos seus datos, pregamos nolo comunique coa finalidade de mantelos
actualizados.
14- Polo feito de participar neste concurso o artista acepta as bases e renuncia a calquera tipo
de reclamación.
Para máis información:
Tlf: 981871342.
E-mail: fundartes@gmail.com
Xurado:
 Manuel Ayaso, pintor e gravador.
 José Daniel Buján, director da Biblioteca de Galicia.
 Alfonso Costa, pintor e gravador.
 Carmen Hermo, doutora en Belas Artes e gravadora.
 Juan Monterroso Montero, Decano da Facultade de Xeografía e Historia da
Universidade de Santiago de Compostela.
 Jose Manuel López Vázquez, profesor da Facultade de Xeografía e Historia da
Universidade de Santiago de Compostela.
 Isabel Pintado, pintora, gravadora e docente.

Estado do trámite: En trámite