Premio: Premios Galicia Parabéns

Premios Galicia Parabéns

Os Premios Galicia Parabéns son un recoñecemento institucional e social ás iniciativas destinadas a conservar, mellorar e embelecer as paisaxes, os núcleos poboacionais e os Camiños de Santiago dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os Premios Galicia Parabéns constan das seguintes categorías:

1ª categoría:

Destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións realizadas –nos últimos dez anos– para conseguir unha mellora da paisaxe, unha integración axeitada nela de elementos antrópicos (arquitecturas, estradas, industrias, canteiras...), ou da propia mellora estética dos núcleos poboacionais. Así mesmo, inclúense nesta categoría as iniciativas ou actuacións de embelecemento realizadas nos lindes das rutas dos Camiños de Santiago.

2ª categoría:

Destinada a premiar os mellores proxectos dirixidos á realización de obras de revalorización e embelecemento, tanto para promover unha mellora da paisaxe como para intervencións nos núcleos poboacionais ou nos lindes dos Camiños de Santiago.

Beneficiarios:

Os concellos, as agrupacións de concellos de Galicia, as mancomunidades de concellos de Galicia, os consorcios locais galegos e as áreas metropolitanas galegas, se as houber.

Máis información, neste enlace.

Estado do trámite: Resolto

Comparte