Manuel Pardo louva o abano de ilusionistas que participan na Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona
Ourense, 2 de outubro de 2024
Ourense, 2 de outubro de 2024
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2024
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle este xoves 3 de outubro ás 20,00 horas a reestrea de Terceiro acto, produción propia do Centro Dramático Galego de 2021 que regresa aos escenarios como parte da recta final da actividade que a unidade teatral da Xunta de Galicia ten programada para conmemorar o seu 40º aniversario. O espectáculo, con novos nomes no elenco, permanecerá en cartel na capital de Galicia ata o día 20, para iniciar despois unha xira por outros oito concellos galegos.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2024
O escritor Miguel Rodríguez coa obra Penácaros fíxose esta tarde co XXII Premio de Poesía Afundación, promovido por esta institución, pola Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia. No fallo do certame estivo presente o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, quen destacou a contribución á produción poética en galego e ao enriquecemento da creación cultural galega durante máis de 20 anos.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2024
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe, coincidindo co Día Internacional da Tradución, as residencias que se están a desenvolver simultaneamente na illa de San Simón. Trátase de iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia no marco do seu compromiso coa promoción da creación artística a través de propostas que chamen aos escritores e escritoras a somerxerse nun entorno especial e potenciar así a súa creatividade.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2024
A 21ª edición do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto exhibirá a partir de mañá e ata o 6 de outubro co apoio da Xunta un total de 41 películas de pequeno formato procedentes de 16 países, distribuídas en tres apartados: a sección oficial Cosmos, Planeta GZ para as propostas máis singulares de Galicia, e Supernova, dedicada ao cinema emerxente galego, ademais dunha ampla programación paralela que se estende ao pensamento e ás artes sonoras e visuais máis vangardistas.
Lugo, 30 de setembro de 2024
A Xunta apoia o festival Oktoberink, que se desenvolverá en Lugo a fin de semana do 5 e o 6 de outubro organizado pola Asociación Galega de Arte Corporal.
O delegado territorial, Javier Arias, e o presidente do colectivo, Iván López Piñeiro, xunto a outros participantes na iniciativa presentaron hoxe o programa na Delegación Territorial da Xunta. O evento tamén servirá para dar a coñecer a propia asociación, recentemente impulsada dende Lugo co fin de defender os intereses do sector e a profesionalización dos seus integrantes.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dota con 60.000 euros o convenio para a organización do certame internacional de cine de carácter competitivo máis lonxevo da nosa Comunidade
A Coruña, 30 de setembro de 2024
A Filmoteca de Galicia inaugura en outubro o ciclo Close-Up: Cine e perspectiva de xénero, que se prolongará durante toda a tempada ata o mes de xuño do ano que vén, co obxectivo de afondar na situación do cinema feito por mulleres e reflexionar sobre a renovación da representación delas na pantalla. A continuidade da retrospectiva sobre Agnès Varda ou o comezo da dedicada a Tsai Ming-liang son outras das citas que vertebran a nova carteleira semestral.
Sexo Seguro Seguro? Seguro! un espectáculo multidisciplinar con partes de monólogo, cabaret, xogos con globos, e moita educación afectivo-sexual.
Sábado 5 de outubro ás 19 h
Para persoas adultas.
Reservas no 981543017
A Coruña, 29 de setembro de 2024
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu á ópera “L´elisir d´amore” de G.Donizetti coa Orquesta Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos no Teatro Colón, organizada pola Asociación de Amigos da Ópera dentro da programación da Tempada Lírica.