A Xunta reúne no CGAC preto dunha decena de cineastas co gallo da inauguración de ‘Novos Imaxinarios’

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2024

A Xunta de Galicia reunirá no CGAC a preto dunha decena de profesionais do audiovisual de España e Portugal co gallo da inauguración de Novos Imaxinarios, a nova mostra do museo compostelán comisariada polos artistas Nicolás Combarro e Miguel Ángel Delgado, na que se afonda na creación cinematográfica máis recente.

Galego

Lara Meneses mostra o seu interese polo proxecto musical do artista emerxente galego ‘G Face’

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2024

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, recibiu hoxe ao artista galego coñecido como G Face, nun encontro no que se interesou por unha traxectoria musical en crecemento, sendo unha nova mostra, dixo, “do gran traballo que está a facer a nosa mocidade neste eido, destacando dentro e fóra de Galicia con propostas de gran calidade, situándonos en moi boa posición no panorama nacional”.

Galego

López Campos reitera o compromiso do Goberno galego coas institucións “dinamizadoras da cultura”

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reiterou o compromiso do Goberno galego cos centros museísticos da Comunidade na súa visita á Fundación Eugenio Granell, onde resaltou “o apoio da Xunta a través das súas liñas de axuda a institucións que, como esta, procuran a  posta en valor do legado dos nosos artistas máis senlleiros, ao tempo que se converten en grandes dinamizadores da actividade cultural para o ben da sociedade”.

Galego

A Xunta apoia a recuperación dos bens culturais da Ribeira Sacra de cara a potenciar a súa candidatura a patrimonio mundial pola Unesco

Nogueira de Ramuín (Ourense), 3 de outubro de 2024

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, referendou hoxe o compromiso do Goberno galego na recuperación do valioso patrimonio cultural que atesoura a Ribeira Sacra de cara a potenciar a súa candidatura a Patrimonio Mundial para Unesco. Unha aposta na que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten investido preto de 8 M€ dirixidos á conservación e posta en valor de máis de 40 bens deste territorio das provincias de Ourense e Lugo.

Galego

A Xunta colabora nas homenaxes a Valle-Inclán que se celebran na Pobra do Caramiñal ata finais de mes

A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 3 de outubro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación das XXVI Xornadas de homenaxe ao autor Ramón María del Valle-Inclán que se celebran na Pobra do Caramiñal desde este domingo ata finais de mes. Trátase dunha ampla programación, impulsada co apoio da Xunta de Galicia, que inclúe a celebración dunha quincena de actividades diversas arredor da figura deste ilustre.

Galego

Valentín García acompaña a Daniel Chapela na presentación da obra ‘Biscoito de Laranxa’

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, acompañou hoxe a Daniel Chapela na presentación da obra Biscoito de laranxa (Editorial Galaxia, 2024), peza galardoada co segundo premio na categoría de poesía na edición 2022 do certame Xuventude Crea, que promove a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Galego

O director de industrias culturais aborda novas oportunidades de expansión da música galega no comité de ‘AIEn ruta Artistas’

Madrid, 2 de outubro de 2024

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, participou hoxe en Madrid nunha reunión previa do comité de selección de AIEn ruta Artistas, o circuíto nacional de distribución de música que impulsa e coordina a Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes (AIE) xunto a distintas entidades colaboradoras públicas e privadas de todo o territorio español.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS