Anxo M. Lorenzo destaca “o bo momento do sector cultural galego” nas xornadas que reúnen 600 profesionais en Santiago

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe, no Centro Galego de Arte Contemporánea, na benvida do X Encontro Cultura e Cidadanía, unha cita que se celebra con sede conxunta co Museo do Pobo Galego e que reúne uns 600 profesionais da cultura en Santiago de Compostela.

Galego

Anxo M. Lorenzo pon en valor a sinerxía entre a arte e a literatura na mostra de Baldomero Moreiras en Ourense

Ourense, 24 de setembro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe, na Biblioteca Nós, a exposición do artista Baldomero Moreiras O colaxe na literatura ourensá na que puxo en valor a sinerxía que se establece entre a arte e a literatura a través da homenaxe a catro grandes autores da provincia.

Galego

López Campos chama ao consenso para tramitar a Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia

Santiago de Compostela, 24 de setembro 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, apelou hoxe ao “consenso entre os distintos grupos parlamentarios para conseguir o que será todo un fito para Galicia”, en referencia á posta en marcha “dunha lei pioneira en Europa” que regula por primeira vez a cultura desde a perspectiva da inclusión. Así o explicou no Parlamento, onde se celebrou o debate das emendas á futura Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, cuxa aprobación está prevista para este ano.

Galego

A Xunta renova a colaboración co festival Breason, que organiza a asociación Xoldra en Mondoñedo

Lugo, 24 de setembro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión con representantes do Concello de Mondoñedo e da asociación xuvenil Xoldra aos que lles confirmou o apoio do Goberno galego para a terceira edición do festival BreaSon, que se celebrará na localidade mariñá o venres 8 e o sábado 9 de novembro.

Galego

A Xunta considera “fundamental” incidir na investigación en conservacion do patrimonio para salvagardar os bens culturais

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2024

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, defendeu esta mañá a aposta da Xunta de Galicia pola investigación en conservación do patrimonio ao consideralo “fundamental” para “conservar e salvagardar os bens culturais”, sobre os que alertou que “non son renovables”. Fíxoo na inauguración do obradoiro de traballo do Plan Nacional de Investigación en Conservación, que se celebra durante o día de hoxe en Santiago de Compostela.

Galego

A Biblioteca Pública da Xunta acolle unha mostra de carteis de cine cubano de Eduardo Muñoz no marco da 46ª Semana de Cine de Lugo

Lugo, 23 de setembro de 2024

A Biblioteca Pública da Xunta en Lugo abriu esta tarde unha exposición de carteis de cine cubano de Eduardo Muñoz Bachs no marco da 46ª Semana de Cine. O delegado territorial, Javier Arias, participou na inauguración xunto cos organizadores, o grupo cinematográfico Fonmiñá.

Galego

A Xunta e Galaxia presentan o ensaio ‘Economía e poesía: Rimas internas’, gañador do Premio Ramón Piñeiro 2023

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García participou hoxe, no Pazo de San Roque, na presentación de Economía e poesía: Rimas internas, o primeiro ensaio escrito por Yolanda Castaño e co que acadou, o pasado decembro, o XXII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio convocado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia co apoio de Caixa Rural Galega.

Galego

López Campos lembra a un Vicente Risco “alicerce da nosa cultura” no 140 aniversario do seu nacemento

Allariz (Ourense), 21 de setembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe nos actos de celebración do 140 aniversario do nacemento de Vicente Risco, organizados en Allariz pola fundación dedicada ao intelectual. Unha efeméride na que o representante da Xunta gabou o labor desta entidade polo “gran traballo que realiza por manter vivo un legado tan importante para Galicia, de cara a ao seu coñecemento polas xeracións futuras, e polas súas iniciativas en prol da cultura en xeral”.

Galego

O Centro Dramático Galego impulsa este outono a súa actividade de apoio á creación escénica coa estrea de cinco coproducións

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2024

O Centro Dramático Galego estrea a comezos deste outono cinco das coproducións impulsadas durante este 2024, coincidindo coa celebración do seu 40º aniversario. Trátase dos espectáculos Territórios de liberdade, Entrepalav-bras, As formas do amor, Lémbrame, Spominaj na Mnje e Frágua de amor, para os que a unidade teatral da Xunta de Galicia estableceu alianzas con tres compañías galegas, oito portuguesas e unha alemá.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS