Os coros ‘Lugh’, de Lugo, e ‘El Eco’, da Coruña, actúan o vindeiro sábado na delegación territorial da Xunta
Lugo, 9 de outubro de 2024
A Delegación Territorial da Xunta acollerá o próximo sábado 12 de outubro o Encontro Musical de Outono, no que actuarán o conxunto vocal Lugh, de Lugo, e a coral polifónica El Eco, da Coruña.
Directivos do coro lucense participaron hoxe na presentación do concerto na sede da Xunta xunto co delegado territorial, Javier Arias. O inicio está previsto para as oito da tarde no salón de actos do edificio.
