A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra continúan en Vigo as reunións co sector cultural para enriquecer o Plan de usos do Teatro Cine Fraga

Vigo, 15 de outubro de 2024

A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra reuniron a tarde de hoxe na sede da delegación territorial do Goberno galego en Vigo a representantes de colectivos, entidades e agrupacións de música de base, dentro da liña de traballo aberta para a recollida de propostas e suxestións que permitan enriquecer o Plan de usos do Teatro Cine Fraga de Vigo.

Galego

A Xunta homenaxea a Ledicia Costas co Día das Escritoras como recoñecemento á súa difusión da lingua e literatura galegas dentro e fóra de Galicia

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2024

A  Xunta de Galicia homenaxeará a Ledicia Costas co Día das Escritoras como “xusto recoñecemento pola súa difusión da lingua e literaturas galegas dentro e fóra de Galicia”. Deste xeito, o vindeiro xoves, 17 de outubro, a Cidade da Cultura acollerá un acto aberto ao público, nunha conversa guiada pola xornalista e tamén autora María Solar .

Galego

A Xunta apoia a Semana de cine euroárabe Amal que amosará cinco filmes en prol da visibilidade cultural

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o presidente da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez, presentaron esta mañá a Semana de Cine Euroárabe do Festival Internacional Euroárabe Amal 2024. A Xunta de Galicia apoia esta vixésimo segunda edición da cita, que amosará media decena de filmes en prol do intercambio cultural.

Galego

López Campos asina coa Asociación Galega de Empresas Musicais o impulso ao primeiro Plan Estratéxico do sector

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Patricia Hermida, asinaron o convenio de colaboración polo que a Xunta impulsa a elaboración do primeiro Plan Estratéxico da Industria Musical de Galicia por parte deste colectivo, que agrupa 50 firmas das catro provincias.

Galego

Máis de 60 profesionais do audiovisual participan nunha xornada patrocinada pola Xunta sobre as cuestións fiscais que afectan ao sector

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2024

O Museo das Peregrinacións de Santiago acolle hoxe a xornada formativa Fiscalidade no sector audiovisual, organizada pola Asociación de Produtoras Independentes co apoio da Xunta de Galicia e na que participan máis de 60 profesionais do sector.

Galego

A Xunta convocará o Consello de Parroquias o sábado 19 no marco da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Parada de Sil (Ourense), 15 de outubro de 2024

A Xunta de Galicia convocará o Consello de Parroquias o vindeiro sábado 19 de outubro no marco do traballo feito pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Trátase dunha cita que forma parte do proceso participativo iniciado xa hai varios meses con xuntanzas por todo o territorio.

Galego

A Xunta dálle forma á Rede Adival de Dinamización da Cultura no rural iniciando xuntanzas informativas

Mondoñedo (Lugo), 14 de outubro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, iniciou hoxe en Mondoñedo unha rolda de xuntanzas territoriais que ao longo destas semanas se celebrarán nas catro provincias galegas con xestores e industrias culturais, equipamentos museísticos, federacións, asociacións e fundacións, entre outras entidades, para dar a coñecer de primeira man a Rede Adival de Dinamización da Cultura no Rural de Galicia e escoitar propostas e suxestións.

Galego

A Xunta é a principal patrocinadora do Esmorga Fest, que se celebrará en Sarria os días 25 e 26 de outubro

Lugo, 14 de outubro de 2024

A Delegación Territorial de Lugo acolleu hoxe a presentación do Esmorga Fest, que se celebrará en Sarria os días 25 e 26 de outubro e do que a Xunta é a principal patrocinadora.

Na presentación participaron o delegado territorial, Javier Arias, así como Jose Castro, Diego García e Juan Padín en nome da organización. Arias destacou “o pulo que está a experimentar o Esmorga Fest nos circuítos de música independente”, confirmando para esta novena edición a algúns dos artistas de máis proxección do panorama nacional e internacional.

Galego

O Premio Otero Pedrayo 2024 recoñece a traxectoria artística de máis dun século da Coral de Ruada

Ourense, 14 de outubro de 2024

O xurado do Premio Otero Pedrayo, impulsado pola Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais, vén de fallar o galardón deste 2024 a favor da Coral de Ruada. Na xuntanza, na que participaron o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, elixiron esta agrupación pola súa traxectoria de máis dun século levando a música tradicional galega a grandes festivais nacionais e internacionais e tamén polo seu labor na promoción de actividades de formación de teatro e da escola de música.

Galego

A Xunta colabora co Concello do Porriño no recoñecemento á figura de Antonio Palacios

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2024.- A Xunta colabora coas celebracións do 150 aniversario do nacemento do arquitecto Antonio Palacios mediante un convenio co Concello do Porriño, terra natal do homenaxeado, polo que fai unha achega de 170.000 euros para o desenvolvemento das distintas actuacións programadas pola administración local, algunhas delas xa desenvolvidas nos últimos meses. Así se deu conta hoxe na reunión do Consello, na que se destacou a posta en marcha dunha sala de exposicións como principal proxecto no municipio.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS