López Campos destaca a Fundación Moldes como un importante foco cultural para Pontevedra
Pontevedra, 9 de outubro de 2024
Pontevedra, 9 de outubro de 2024
Ferrol, 9 de outubro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde na sede de Afundación á visita inaugural da exposición O obxecto contemporáneo e doméstico, dentro do proxecto expositivo Simultánea, organizado co gallo do décimo aniversario de Afundación, Obra Social Abanca.
Vigo, 9 de outubro de 2024
Ourense, 9 de outubro de 2024
Lugo, 9 de outubro de 2024
A Delegación Territorial da Xunta acollerá o próximo sábado 12 de outubro o Encontro Musical de Outono, no que actuarán o conxunto vocal Lugh, de Lugo, e a coral polifónica El Eco, da Coruña.
Directivos do coro lucense participaron hoxe na presentación do concerto na sede da Xunta xunto co delegado territorial, Javier Arias. O inicio está previsto para as oito da tarde no salón de actos do edificio.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2024
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, garantiu hoxe que o Goberno galego está a dar “todos os pasos necesarios” para que Ribeira Sacra: Paisaxe da auga sexa recoñecida como Patrimonio Mundial pola Unesco en 2026. Así o aseverou en resposta a unha pregunta no Pleno do Parlamento de Galicia sobre o estado actual desta candidatura.
A Coruña, 8 de outubro de 2024
A organización do festival Intersección da Coruña fixo pública hoxe a relación dos 42 títulos seleccionados nas tres seccións a concurso da súa sétima edición, que, do 22 ao 26 de outubro, ofrecerá unha ampla programación de películas independentes caracterizadas polo risco e a innovación.
Ferrol, 8 de outubro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do concelleiro de Festas do Concello de Ferrol, Arán López, presentou esta mañá na Delegación Territorial unha nova edición da gala internacional de maxia Galicia Ilusiona que terá lugar o vindeiro domingo 13 de outubro no teatro Jofre e que, un ano máis, conta co apoio de Turismo de Galicia.
O ENSEMBLE LIBERDADE é o grupo de cámara composto por cuarteto de corda, trío de ventos e percusión, que nesta ocasión suma a voz de Rubén Fernández. Nace como formato reducido da Orquestra Galega de Liberación, para traballar como o formato lixeiro desta, podendo adaptarse así a outros espazos, programacións, colaboracións, produccións ou orzamentos. No ano 2024, é grupo residente no CGAC, Centro Galego de Arte Contemporáneo. Para esta acción, centrarémonos na figura de Cela, como elemento novo e disruptivo do concerto.
Xacobe Martínez Antelo, dirección
Charla -Coloquio impartida por Gemma Rodríguez, experta en Protocolo.
Programa CULTUREARTE, recoñecido con 1ECTS pola USC