Avanza a rodaxe de ‘Tralovento’, a nova película de Eloy Domínguez Serén producida co apoio da Xunta
Vilar de Barrio (Ourense), 18 de setembro de 2024
A provincia de Ourense está a ser o escenario de Tralovento, a nova película de Eloy Domínguez Serén, que comezou a súa rodaxe a mediados de agosto e encara xa as últimas xornadas da primeira fase de filmación. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou esta mañá o set instalado en Vilar de Barrio, onde puido comprobar o avance desta coprodución internacional, para a que a compañía galega Zeitun Films dispón dunha subvención da Xunta de máis de 255.000 euros.
