A Xunta inicia a vindeira semana a restauración do Templo Votivo do Mar cunha achega de case 350.000 €

Nigrán (Pontevedra), 15 de setembro 2024

A Xunta de Galicia comezará a vindeira semana os traballos de restauración do Templo Votivo do Mar, localizado no concello pontevedrés de Nigrán, nos que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude inviste case 350.000€ para reparar os danos causados polo paso do tempo neste ben obra do arquitecto Antonio Palacios.

Galego

López Campos pon en valor a implicación da Xunta na proxección de Galicia como referente do gravado no mundo

Ribeira (A Coruña), 14 de setembro 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, puxo en valor hoxe a “importante implicación” do Goberno galego na promoción e proxección de Galicia “como referente do gravado no mundo”. Fíxoo no acto de entrega de galardóns do XV Premio Atlante de Gravado, celebrado no Museo das Artes do Gravado, no municipio coruñés de Ribeira, no que estivo acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

Galego

O Festival de Cinema de Bueu pecha hoxe a súa 17ª edición con varios actos e a entrega de premios

Bueu (Pontevedra), 14 de setembro de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu esta mañá ás actividades do Festival Internacional de Cinema de Bueu na que é a última xornada desta 17ª edición, que se vén desenvolvendo desde o pasado 6 de setembro co apoio da Xunta de Galicia como cita estratéxica para o audiovisual galego.

Galego

López Campos enxalza o “talento, orixinalidade e liberdade artística” de ‘Wily’ nunha mostra en Lalín

Santiago de Compostela, 13 de setembro 2024

Os conselleiros de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, participaron na inauguración, no Museo Ramón María Aller de Lalín, da exposición Wily sempre Wily coa que a localidade homenaxea a un dos seus veciños ilustres, o artista Antonio Taboada (1962-2006), natural da parroquia de Botos.

Galego

Anxo M. Lorenzo celebra os intercambios literarios como un xeito de “estimular a creación de calidade”

A Coruña, 13 de setembro 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, coñeceu esta mañá ao escritor beneficiario do intercambio literario entre Galicia e Irlanda, Dylan Brennan, que xa se atopa na Comunidade para gozar da súa estadía neste programa internacional impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Fíxoo nun encontro no que tamén estivo a Premio Nacional de Poesía 2023, Yolanda Castaño, responsable da Residencia Literaria 1863, entidade que acolle ao poeta irlandés durante este mes de setembro.

Galego

A Xunta recompila en dous catálogos as obras das exposicións ‘Doazóns 2015-2023’ e ‘Tomás Barros A Doazón’ que pechan este domingo no Museo de Belas Artes da Coruña

A Coruña, 13 de setembro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe os catálogos que recompilan as obras das exposicións Doazóns 2015-2023 e Tomás Barros A Doazón, que se atopan abertas ao público desde o mes de maio e ata este domingo 15 de setembro no Museo de Belas Artes da Coruña.

Galego

López Campos anuncia que a Xunta actuará nos xacementos da Illa de Tambo para a posta en valor do seu patrimonio

Poio (Pontevedra), 13 de setembro 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia actuará nos xacementos da Illa de Tambo, pertencente ao concello pontevedrés de Poio, co obxecto de “recuperar e pór en valor o seu significativo patrimonio cultural”. Fíxoo durante a visita que realizou a este enclave natural, do que defendeu a súa “preservación e conservación” por parte da Administración galega.

Galego

O MUMI conecta as industrias musicais de Galicia e Portugal co apoio da Xunta

Valença do Minho (Portugal), 13 de setembro de 2024

O V Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal, MUMI, arrancou esta mañá as actividades profesionais da súa nova edición, que se desenvolverá ata o próximo domingo na Eurocidade Tui-Valença cun programa de roldas de negocios, faladoiros e showcases no que van participar durante toda a fin de semana máis de 250 profesionais co obxectivo activar as contratacións musicais de cara aos próximos meses.

Galego

Anxo M. Lorenzo destaca o compromiso da Xunta co rural na comisión sectorial co Ministerio de Cultura

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na Comisión sectorial de asuntos culturais co Ministerio de Cultura onde trasladou o compromiso da Xunta de Galicia para fomentar e aumentar a oferta cultural en zonas rurais en liña cos obxectivos da futura lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia que entrará en vigor este mesmo ano.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS