A Xunta promove a arte contemporánea a través do programa ‘Aberto 24’

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación de Aberto 24, onde salientou o compromiso da Xunta de Galicia coa difusión da arte contemporánea e o apoio á Asociación de Galerías de Arte de Galicia que organiza esta iniciativa onde as nove galerías que a conforman inaugurarán a súa tempada expositiva.

Galego

A Xunta segue a difundir o legado de Luísa Villalta cunha mostra itinerante que chega a Santiago

Santiago de Compostela, de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inauguraron no Museo do Pobo Galego, en Santiago, a mostra Luísa Villalta. A música das palabras, coa que a Xunta segue a contribuír na difusión do legado da autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas.

Galego

O Festival Maré celebrará a súa quinta edición en Santiago como punto de encontro cultural e lingüístico

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na presentación da quinta edición do Maré. Festival de Músicas e Artes Atlánticas onde salientou o carácter multicultural que converterá a cidade de Santiago de Compostela nun punto de encontro cultural e lingüístico.

Galego

O Underfest Xacobeo celebra a súa sétima edición co apoio da Xunta de Galicia a través da marca Fest Galicia

Vigo, 12 de setembro de 2024

Do 13 ao 22 de setembro seis auditorios e salas de Vigo acollerán as propostas musicais do festival Underfest Xacobeo, que celebra a súa sétima edición co apoio da Xunta a través do patrocinio da marca FEST Galicia. Richard Hawley, Ash, Gigolo Aunts e El mató a un policía motorizado encabezan un cartel con concertos de 20 artistas, que se espallarán por diferentes espazos da cidade dándolle ao público a oportunidade de gozar da música ao vivo en distancias curtas.

Galego

A delegada territorial da Xunta en Ferrol e o director de Agadic asisten ao pase especial da terceira e última temporada da serie ‘Rapa’ no Jofre

Ferrol, 11 de setembro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, acudiron esta tarde no teatro Jofre ao pase especial do primeiro capítulo da terceira e última temporada de Rapa, a serie da produtora coruñesa Portocabo para MovistarPlus+ que regresa mañá á emisión na plataforma.

Galego

A Xunta inicia os traballos de restauración do lenzo interior do cubo LXXI da Muralla de Lugo

Lugo, 11 de setembro de 2024

A Xunta de Galicia iniciou os traballos de restauración do lenzo interior do cubo LXXI da Muralla de Lugo, entre os xardíns da Deputación e a Porta Falsa. Esta intervención, xunto coas obras previstas no cubo XVIII, conta cun orzamento de máis de 450.000 euros e un prazo de execución de 12 meses.

Galego

A Xunta colabora coa exposición ‘Un mosteiro, un mar de historias’ para poñer en valor o patrimonio cultural de Galicia

Vigo, 11 de setembro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da exposición Un mosteiro, un mar de historias, onde destacou o compromiso da Xunta de Galicia coa posta en valor do patrimonio cultural de Galicia. Trátase dunha mostra que, tal e como explicou, percorre a historia do Mosteiro de Santa María de Oia desde o S.XII ata a actualidade.

Galego

A Cidade da Cultura une nun concerto o Ensemble Música Práctica e o intérprete Abraham Cupeiro

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2024

O primeiro concerto do ciclo Ópticas contemporáneas, organizado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, liga este domingo os sons dos devanceiros coa composición contemporánea. A actuación reúne o Ensemble Música Práctica co multiinstrumentista e luthier Abraham Cupeiro, convidado de honra para interpretar por primeira vez en Galicia a obra A constelación de Saxitario, composta especificamente para el polo compostelán Fernando Buide.

Galego

Presentación do libro 'Los exvotos en Galicia'

O xoves 12, ás 20:00 horas, presentarase na sala de exposicións de San Francisco «Escolma de Escultura» o libro «Los exvotos en Galicia. Su significación en la religiosidad popular: de la cera a los cuadros votivos», de José Fuentes Alende. No acto participarán o autor, xunto con José Carlos Sierra Rodríguez, ex director do Museo Etnolóxico de Ribadavia e José César Llana Rodríguez, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS