López Campos anuncia que a restauración do Templo Votivo do Mar rematará no primeiro semestre de 2025

Nigrán (Pontevedra), 17 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe que a restauración do Templo Votivo do Mar, no concello pontevedrés de Nigrán, estará rematada no primeiro semestre de 2025. Fíxoo durante a visita a esta edificación na que estivo acompañado pola directora xeral de Patrimonio, Mª del Carmen Martínez.

 

Galego

López Campos agradece a “contribución” de Takekazu Asaka coa proxección internacional de Galicia

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na presentación de Tres xograres da ría de Vigo traducida por Takekazu Asaka, recentemente nomeado académico de honra da Real Academia Galega. Trátase dunha obra que, tal e como explicou, pon en valor a ampla traxectoria do ensaísta, investigador e profesor, así como o seu compromiso e contribución coa proxección internacional da lingua e cultura galegas.

Galego

A Axencia Galega das Industrias Culturais e a Spain Film Commission abordan liñas de colaboración conxunta

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu hoxe na Cidade da Cultura de Galicia o secretario da Spain Film Commission, Juan Manuel Guimeráns, con quen abordou as futuras liñas de colaboración conxunta entre a entidade estatal e a Xunta de Galicia, coa mirada posta na próxima entrada en funcionamento da Galicia Film Commission.

Galego

A Cidade da Cultura ofrecerá mochilas vibratorias no Día da Música para achegar esta experiencia a persoas con discapacidade auditiva

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

A Cidade da Cultura de Galicia disporá no concerto de Budiño —programado para o Día da Música— de mochilas vibratorias equipadas con tecnoloxía para mellorar a experiencia musical de persoas xordas ou con perda auditiva. A medida enmárcase nas iniciativas impulsadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para acadar os obxectivos da futura Lei de Cultura Accesible e Inclusiva de Galicia.

Galego

López Campos enxalza os Premios Antonio Palacios que se celebran por primeira vez no Porriño

O Porriño (Pontevedra), 15 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, na primeira edición dos Premios Antonio Palacios, dedicados ao arquitecto no ano no que se celebra o 150 aniversario do seu nacemento. O galardón impulsado polo Concello do Porriño quere recoñecer as contribucións destacadas nos eidos da cultura, a empresa, o deporte e o compromiso social.

Galego

López Campos salienta que os premios Losada Diéguez “reflicten a vixencia do espírito da Xeración Nós”

Boborás (Ourense), 15 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe que os Premios Antón Losada Diéguez “reflicten a vixencia do espírito da Xeración Nós”. Fíxoo no acto de entrega dos galardóns da XXXIX edición ao que asistiu co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e no que tamén estivo o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Os premios recaeron no ensaio A Vera Cruz de Antonio Palacios, de Rafael Otero Janeiro, e na novela Quen escribirá a miña historia?, de Iria Morgade.

Galego

O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ levará este verán 305 actuacións escénicas e musicais a 88 localidades das rutas xacobeas

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2024

Arranca hoxe unha nova edición do circuíto de exhibición de espectáculos Cultura no Camiño, no que a Xunta de Galicia vai ofrecer 305 actuacións artísticas en 88 municipios polos que transcorren as diferentes Rutas Xacobeas. Organizada e cofinanciada xunto cos concellos participantes, a programación estenderase ata o 31 de agosto e abrangue propostas de circo, danza, música e teatro a cargo de 144 artistas e grupos galegos.

Galego

Anxo Lorenzo destaca o papel de A Furgoteca no impulso dunha cultura máis inclusiva e accesible

Lugo, 14 de xuño de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe ao acto de fin de curso de A Furgoteca no colexio As Nogais de Lugo, onde destacou a boa acollida deste proxecto e o importante papel que desempeñan as bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia no impulso dunha cultura máis inclusiva e accesible.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS