Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura en Monforte de Lemos na derradeira Feira do Libro de Galicia deste 2024

Monforte de Lemos (Lugo), 21 de agosto de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da Feira do Libro de Monforte de Lemos, última parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia que chega ao seu fin tras percorrer 13 concellos galegos. No encontro, o representante do Goberno galego destacou o papel fundamental que supoñen estas propostas de cara á dinamización da lectura e animou aos asistentes a desfrutar do completo programa de actividades.

Galego

López Campos apela á responsabilidade compartida para preservar un dos maiores tesouros da identidade cultural de Galicia

Campo Lameiro (Pontevedra), 21 de agosto de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, apelou hoxe á “responsabilidade e tarefa compartida” da Administración e da sociedade no coidado do noso patrimonio por ser “un dos maiores tesouros que conforman a identidade cultural de Galicia”. Fíxoo na que foi a súa primeira visita como máximo responsable deste departamento da Xunta ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre, situado no municipio pontevedrés de Campo Lameiro.

Galego

López Campos anuncia que a Xunta terá lista despois do verán a orde de creación da Rede Adival de dinamización da cultura no rural

O Grove (Pontevedra), 20 de agosto de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe que a Xunta terá lista “despois do verán” a orde de creación da Rede Adival de dinamización cultural no rural de Galicia, “un proxecto que chegará a todo o territorio e no que ninguén quedará fóra deste circuíto, independentemente do seu lugar de residencia ou idade”.

Galego

Rap rural con Bewis de la Rosa e pop urbano con ALARIDO son as propostas desta semana en ‘Atardecer no Gaiás’

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2024

A artista Bewis de la Rosa, impulsora do rap rural, e o dúo galego ALARIDO subirán esta semana ao escenario de Atardecer no Gaiás. O ciclo de concertos ao aire libre, impulsado pola Consellería de Lingua, Cultura e Xuventude a través da Cidade da Cultura, continúa este xoves e venres con dúas propostas multifacéticas, innovadoras e descaradas para bailar coa posta do sol. Os concertos serán ás 21,00 horas na Praza central da Cidade da Cultura, con entrada libre e gratuíta.

Galego

Arteficial

XVIII Edición do Festival Arteficial ( 6 e de Setembro de 2024)

- VENRES 6 DE SETEMBRO:

19:00 - 20:00. Inauguración Exposición “Escola Sinsal, historias da música gravada” no Museo Etnolóxico
20:00-21:30 Picada de discos con cassetes. Na praza García Boente

- SÁBADO 7 DE SETEMBRO:

12:00-12:40 DESFILE CABEZUDOS E GRUPO GAITAS “AIRIÑOS” Desde a Igrexa de San Francisco , pasando pola rúa Progreso, ata a Praza Madalena pasando pola Praza Maior.

Galego

Apertuke

Un ano máis, Nigrán acolle o V Festival de Percusión Afrobrasileira "Apertuke", organizado pola Asociación de Percusionistas e Tamborileir@s APERTA, coa colaboración do Concello de Nigrán e da Deputación de Pontevedra.
O evento terá lugar os días 31 de agosto e 1 de setembro no complexo deportivo municipal "Dunas de Gaifar" en Panxón.

Galego

López Campos salienta o legado de Alexandre Bóveda como “un referente para todos os galegos e galegas”

Poio (Pontevedra), 17 de agosto de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, referiuse hoxe ao legado de Alexandre Bóveda como “un referente para todos os galegos e galegas”. Fíxoo na celebración do Día da Galicia Mártir, que tivo lugar este sábado na localidade de Poio, coincidindo co pasamento de Bóveda, e na que participou acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García.

Galego

A Xunta fomenta a promoción de novos talentos de música clásica coa colaboración co Festival Groba

Ponteareas (Pontevedra), 18 de agosto de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, puxo en valor a promoción de novos talentos da música clásica que está a fomentar o Goberno galego, a través da colaboración con certames como o Festival Groba. Precisamente, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude asistirá esta noite ao concerto inaugural da duodécima edición, a cargo da Orquestra de Cámara Galega.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS