A Xunta e a Deputación de Pontevedra recollerán propostas para o plan de usos do Teatro Fraga de Vigo a través dunha caixa de correo virtual

Vigo, 23 de agosto de 2024

A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra porán en marcha a partir de hoxe unha caixa de correo virtual na que se recollerán propostas, ideas e suxestións que permitan enriquecer o plan de usos do Teatro Fraga de Vigo. Así o anunciaron hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José Lopez Campos, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, na presentación da campaña O mellor espazo busca o mellor contido.

Galego

O 'Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura' reúne esta semana a 40 dos talentos emerxentes que marcarán o futuro da arte contemporánea en España

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, deulles esta mañá a benvida aos 40 creadores e creadoras que participan estes días en Santiago no XIV Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, un dos piares da programación do Gaiás co que, desde hai xa catorce edicións, a Xunta de Galicia vén reafirmando o seu compromiso e apoio ao talento emerxente.

Galego

‘Ópticas contemporáneas’ programa no Gaiás tres concertos singulares de outono que conectan a música actual con Vivaldi, a historia e a antropoloxía

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2024

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de anunciar os concertos que forman a segunda edición de Ópticas contemporáneas, ciclo que nesta ocasión explora a diversidade das composicións actuais e a súa relación coa antropoloxía, a historia e a música clásica. Serán tres actuacións a celebrar nas tardes do domingo 15 de setembro, o venres 18 de outubro e o sábado 16 de novembro no Museo Centro Gaiás.

Galego

A Xunta reivindica a dinamización do rural a través da cultura co apoio a iniciativas como o Festival dos Eidos

Folgoso do Courel (Lugo), 24 de agosto de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, puxo en valor esta mañá o “importante impacto” que teñen as actividades culturais como axentes dinamizadoras do rural. Fíxoo durante a súa participación na novena edición do Festival dos Eidos, que se está a celebrar na aldea de Parada, no municipio lucense de Folgoso do Courel, onde reivindicou o apoio do Goberno galego a este tipo de iniciativas, “que crean e fortalecen a comunidade nestas contornas”.

Galego

López Campos gaba o traballo da Fundación Manolo Paz a prol da cultura co recoñecemento ao ferrolán David Barro

Cambados (Pontevedra), 23 de agosto de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiron hoxe á celebración da IX Xornada da Fundación Manolo Paz, unha cita impulsada polo propio escultor cambadés a prol da cultura e da arte galega que se celebra cada ano en recoñecemento ao legado de creadores e profesionais da cultura.

Galego

Manuel Pardo anuncia que a Xunta vén de licitar as obras de restauración da fachada occidental catedral de San Martiño de Ourense por un importe de case 84.000 euros

Ourense, 23 de agosto de 2024

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, e o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, visitaron esta mañá a catedral de San Martiño de Ourense, para anunciar a recente licitación das obras de terminación das actuacións de restauración da fachada occidental por un importe de case 84.000 euros.

Galego

A Xunta pon en marcha unha nova fase de escavación no xacemento arqueolóxico de Proendos

Sober (Lugo), 23 de agosto de 2024

A Xunta de Galicia acaba de iniciar unha nova fase de escavación no xacemento arqueolóxico de Proendos, en Sober, onde a finais do pasado ano se consolidou o primeiro hórreo romano con disposición dos muros en paralelo que se coñece no noroeste da Península Ibérica. Os traballos contan cun investimento de 17.800 euros.

Galego

José López Campos comparte co público do festival Castelo Conta a celebración da cultura rural

Culleredo (A Coruña), 22 de agosto de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe ao Festival Castelo Conta, en Culleredo, onde compartiu co público do festival esta celebración da cultura rural, a lingua, a comedia e a tradición oral, que é xa un referente na nosa Comunidade. Un ano máis, o Goberno galego colabora na súa organización como parte da campaña CulturON, coa que está a impulsar a oferta cultural durante os meses de verán con máis de 30 actividades diarias en máis de 200 municipios de toda Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS