A Axencia Galega das Industrias Culturais e a Spain Film Commission abordan liñas de colaboración conxunta

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu hoxe na Cidade da Cultura de Galicia o secretario da Spain Film Commission, Juan Manuel Guimeráns, con quen abordou as futuras liñas de colaboración conxunta entre a entidade estatal e a Xunta de Galicia, coa mirada posta na próxima entrada en funcionamento da Galicia Film Commission.

Galego

A Cidade da Cultura ofrecerá mochilas vibratorias no Día da Música para achegar esta experiencia a persoas con discapacidade auditiva

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

A Cidade da Cultura de Galicia disporá no concerto de Budiño —programado para o Día da Música— de mochilas vibratorias equipadas con tecnoloxía para mellorar a experiencia musical de persoas xordas ou con perda auditiva. A medida enmárcase nas iniciativas impulsadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para acadar os obxectivos da futura Lei de Cultura Accesible e Inclusiva de Galicia.

Galego

López Campos enxalza os Premios Antonio Palacios que se celebran por primeira vez no Porriño

O Porriño (Pontevedra), 15 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, na primeira edición dos Premios Antonio Palacios, dedicados ao arquitecto no ano no que se celebra o 150 aniversario do seu nacemento. O galardón impulsado polo Concello do Porriño quere recoñecer as contribucións destacadas nos eidos da cultura, a empresa, o deporte e o compromiso social.

Galego

López Campos salienta que os premios Losada Diéguez “reflicten a vixencia do espírito da Xeración Nós”

Boborás (Ourense), 15 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe que os Premios Antón Losada Diéguez “reflicten a vixencia do espírito da Xeración Nós”. Fíxoo no acto de entrega dos galardóns da XXXIX edición ao que asistiu co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e no que tamén estivo o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Os premios recaeron no ensaio A Vera Cruz de Antonio Palacios, de Rafael Otero Janeiro, e na novela Quen escribirá a miña historia?, de Iria Morgade.

Galego

O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ levará este verán 305 actuacións escénicas e musicais a 88 localidades das rutas xacobeas

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2024

Arranca hoxe unha nova edición do circuíto de exhibición de espectáculos Cultura no Camiño, no que a Xunta de Galicia vai ofrecer 305 actuacións artísticas en 88 municipios polos que transcorren as diferentes Rutas Xacobeas. Organizada e cofinanciada xunto cos concellos participantes, a programación estenderase ata o 31 de agosto e abrangue propostas de circo, danza, música e teatro a cargo de 144 artistas e grupos galegos.

Galego

Anxo Lorenzo destaca o papel de A Furgoteca no impulso dunha cultura máis inclusiva e accesible

Lugo, 14 de xuño de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe ao acto de fin de curso de A Furgoteca no colexio As Nogais de Lugo, onde destacou a boa acollida deste proxecto e o importante papel que desempeñan as bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia no impulso dunha cultura máis inclusiva e accesible.

Galego

López Campos destaca o poder do audiovisual como ferramenta de expresión e formación da mocidade

A Coruña, 14 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu esta mañá na Filmoteca de Galicia, na Coruña, ao acto de estrea dos tres filmes documentais rodados polos 59 escolares de 5º e 6º de Primaria de tres centros de ensino galegos co que se clausura Cinema en Curso 2023-2024, o programa internacional de pedagoxía do audiovisual organizado pola asociación A Bao A Qu e coordinado en Galicia pola cinemateca da Xunta.

Galego

‘Atardecer no Gaiás’ programa 16 citas musicais ao aire libre con ritmos urbanos e latinos, ‘neo-tradi’, pop e electrónica para os seráns de xullo e agosto

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia deu a coñecer hoxe o cartel da décimo terceira edición do ciclo de concertos Atardecer no Gaiás, cita consolidada no verán para os amantes da música en vivo. Nesta ocasión son 16 as propostas gratuítas para gozar ao aire libre na Cidade da Cultura, cun programa diverso no que teñen cabida os estilos que máis están a soar entre o público novo, como o rap, o neo-tradi, o pop —nas súas vertentes indie e electrónica— e os ritmos tropicais.

Galego

López Campos pon en valor a iniciativa de divulgar a colección de arte do Parlamento por toda Galicia

A Coruña, 13 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participaron na inauguración da exposición A nosa arte. Colección do Parlamento de Galicia na sede de Afundación na Coruña. A mostra itinerante chega á cidade herculina tras o seu paso por Vigo, Ferrol, Lugo e Pontevedra, co obxectivo de difundir a colección do Parlamento de Galicia en diferentes puntos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS