Evento: Amancio Prada- Rosalía de Castro
Amancio Prada- Rosalía de Castro
O gran cantautor leonés Amancio Prada, mestre da poesía feita canción, voz de Rosalía ou Álvaro Cunqueiro e cunha discografía de máis de 35 álbums, centos de concertos e multitude de premios, chega o próximo 4 de xaneiro ao Auditorio de Ourense no que será o primeiro dos concertos programados no ciclo patrocinado polo Xacobeo Suseia et Ultreia, Pobos, Linguas, Tribos.
Este ciclo de concertos patrocinado polo Xacobeo terá lugar no 2023 para celebrar a diversidade, tender pontes entre culturas, favorecer o entendemento e a solidariedade, garantir a xustiza social e propiciar escenarios abertos ao diálogo a través da música; unha homenaxe ás culturas dos lugares de orixe das persoas que chegan peregrinando a Santiago polos diferentes camiños, caso da Península Ibérica.
Máis eventos de tipo Concerto