Evento: Ciclo Creación e territorios III
Ciclo Creación e territorios III
Toda responsabilidade individual fundaméntase no colectivo humanizado e social desde os cimentos do territorio concreto, do territorio ético e do territorio cultural. Sen resultar definitivos, territorios de multiplicidade: espazos de reflexión, de vida substantiva e de toda circunstancia que implique compromiso. O «territorio», como se defende nestes ciclos -territorio de inmersión, de creación e recreación, tamén revulsivo ou subversivo-, non é só un marco xeográfico ou un colector histórico en evolución: é o encadre accesible da experiencia que se revoluciona en diferentes e variadas parcelas de creación relacional, sensible e sensitiva. Desde esas zonificacións parciais que capacitan a imaxinación inventiva, cartografíanse os territorios suprageográficos, suprafísicos, substancialmente humanos, e persoais e íntimos, que son elementos primarios xeradores de transferencias e permeabilidades entroncadas, converténdose así en estruturas convenientes (e convidas) para a construción da Historia e a precedencia da súa propio presente. Poderiamos describilos, por todo iso, como unha «territorialidade do agora» non allea á propiedade incisiva do sentido da pertenza.