Evento: Regard Noir
Regard Noir
Mirada negra é un documental en forma de road movie que explora a representación das mulleres e dos homes negros no cinema. A través do mundo, de París a Los Ángeles, pasando por Cannes e Brasil, a actriz franco-senegalesa Aïssa Maïga vai ao encontro de personalidades comprometidas na promoción da diversidade no cinema e a procura de alternativas inclusivas. Recolle os testemuños e opinións de personalidades como o director de Black Panther, Ryaan Coogler ou da directora Ava DuVernay que dirixiu Selma, un biopic de Martin Luther King, así como unha quincena de actrices e actores negros, como Nadège Beausseon-Diagne, Firmine Richard, Sonia Rollando ou Assa Sylla.
DEBATE: “SER MULLER CREADORA EN ÁFRICA”:
Koné contará de viva voz o que transmite sobre o escenario nunha mesa redonda que leva por título “Ser muller creadora en Africa”. Xunto a ela estará Odile Sankara, Presidenta do festival de teatro máis importante de África occidental, a actriz francosenegalesa Aïcha Maïga, autora do libro Negra non é a miña profesión, e a cantante e actriz afroespañola Astrid Jones.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual