Evento: A caza do león con arco
A caza do león con arco
A caza do león con arco
Proxección da película francesa de Jean Rouch.
Na fronteira entre Malí e Níxer, os homes viven en perfecta harmonía co cosmos. As vacas pastan tranquilamente, incluso en compañía dos leóns. Porén, ás veces esta orde cósmica rómpese cando un león ataca unha vaca. Entón decídese ir á caza ritual do león, que ten lugar cada catro anos e que require unha gran preparación. Confecciónanse frechas envelenadas, fabrícanse arcos e realízanse danzas e conxuros para preparar o veleno. Colócanse trampas e cando o animal cae nelas, o cazador só ten que disparar a frecha...
Ligazóns
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual