Evento: Fazulas e o ladrón de paraugas
Fazulas e o ladrón de paraugas
Fazulas e o ladrón de paraugas
Actividade do Nadal en Rede dirixida aos máis pequenos da casa.
Proposta da compañía teatral Bandullo Azul protagonizada por Fran Campos e baseada no libro homónimo de Xosé Lueiro, do que o concello receptor da actividade recibirá 5 exemplares.
O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para darlle resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura collido á empuñadura dun paraugas. Unha peza que trata de sensibilizar a cativada sobre temas como a violencia machista ou os conflitos bélicos.
O espectáculo desenvolverase en 10 concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística:
- 16 de decembro, no Centro Social de Pontecesures, ás 19:00 horas
- 17 de decembro, no auditorio do Centro Sociocultural Sobrino Buhigas de Campo Lameiro, ás 19:30 horas
- 21 de decembro, no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas, ás 18:00 horas
- 22 de decembro, no Casal de Ferreirós de Poio, ás 17:30 horas
- 23 de decembro, no Museo do Mar de Vigo, ás 18:00 horas
- 28 de decembro, na Casa da Cultura de Foz, ás 12:00 horas
- 28 de decembro, no Centro Cultural Manuel Lamazares en Rodeiro, ás 17:00 horas
- 29 de decembro, no Local Social de Meirás, en Valdoviño, ás 11:00 horas
- 30 de decembro, na Casa da Cultura da Laracha, ás 12:00 horas
- 30 de decembro, nas Aldeas de Nadal de Lalín, ás 17:00 horas
Descargas
Máis eventos de tipo Espectáculo