Evento: Fanfarria Taquikardia + Brassica Rapa
Fanfarria Taquikardia + Brassica Rapa
Fanfarria Taquikardia. Grupo de música extremo-fiestero de repertorio taquicárdico, que vai das melodías balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cinema, pasando pola música tradicional galega e latina, sempre co espírito necesario para o baile e a jarana. A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e percusións varias. A formación principal compóñena trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbales e bombo-pratos.
Brassica Rapa é unha brass band nada a finais de 2017 buscando darlle unha volta ao concepto de charanga. Formado integramente por mulleres, tocan instrumentos de vento metal e percusión e crean unha atmosfera alegre coa súa música, de repertorio coñecido e fresco, coa que a festa está asegurada. Trompeta, trompa, dous trombóns, un saxo alto, unha tuba, unha caixa e un bombo compoñen a súa formación, que pretende reivindicar a presenza da muller neste tipo de agrupacións a través da festa.
Máis eventos de tipo Concerto