Evento: Presentación de “Personaxe fantasmal dunha historia de Álvaro Cunqueiro”, de Paco López-Barxas

Presentación de “Personaxe fantasmal dunha historia de Álvaro Cunqueiro”, de Paco López-Barxas
xoves, 1 decembro, 2022 - 12:30
Praza do Toural, Pazo de Bendaña,
Santiago de Compostela

Presentación de “Personaxe fantasmal dunha historia de Álvaro Cunqueiro”, de Paco López-Barxas

Personaxe fantasmal dunha historia de Álvaro Cunqueiro é unha peza teatral da autoría de Paco López-Barxas publicada pola Casa-Museo Álvaro Cunqueiro co apoio do Concello de Mondoñedo e da Secretaría Xeral de...

Personaxe fantasmal dunha historia de Álvaro Cunqueiro é unha peza teatral da autoría de Paco López-Barxas publicada pola Casa-Museo Álvaro Cunqueiro co apoio do Concello de Mondoñedo e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.Formulada como unha dramatización ficcionada de sucesos reais, nesta peza López-Barxas achéganos á relación amigable e artística que uniu a dous grandes intelectuais galegos como foron Álvaro Cunqueiro e Eugenio Granell.En esencia, Personaxe fantasmal dunha historia de Álvaro Cunqueiro recrea os encontros mantidos entre o mindoniense e o coruñés escolmando tres deles que se corresponden con momentos vitais ben diferentes: o primeiro, na atardecida do 17 de xullo de 1936 na Porta do Sol en Madrid, unhas horas antes do estourido bélico; o segundo, o envío dunha carta de Cunqueiro a Borobó en 1953 onde lle fala de Isla cofre mítico de Granell; finalmente, o terceiro reúne ao propio López-Barxas en conversa con Granell a propósito dun suplemento xornalístico arredor de Cunqueiro publicado en 1991, ano no que se lle dedicaron as Letras Galegas ao de Mondoñedo.
A obra, escrita nun acto único dividido en tres escenas, é unha admirable homenaxe ás figuras de Cunqueiro e Granell e pon de relevo non só a fraternal amizade que os vencellou, senón tamén o universo de complicidades e converxencias que as súas xeniais obras teceron, todo da man do talento literario de Paco López-Barxas, excelente coñecedor de ambos os dous creadores.INTERVIRÁN:Paco López-BarxasAutor da obra
Valentín García GómezSecretario Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia
Claudio Rodríguez FerProfesor da USC e escritor.Especialista na obra de Eugenio Granell e Álvaro Cunqueiro
Armando RequeixoCoordinador de actividades e publicacións  da Casa Museo Álvaro-Cunqueiro 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Museo Etnográfico Liste de Vigo_programación de actividades primeiro trimestre de 2025
Programa de actividades do primeiro trimestre
1 de xaneiro a 20 de maio
Museo Liste Vigo
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola