Evento: Rocío Caamaño
Rocío Caamaño
Son galega, da Ría de Cee, nada menos. As miñas cancións delátanme, en cada unha delas hai anaquiños do meu e do que vexo e sinto... E se, tamén me gusta poñerme na pel doutros e imaxinarme as súas historias, como senten, como pensan.
De pequeniña, o meu pai dirixía corais e a miña nai cantaba con el. Con dous anos tíñanme que levar aos ensaios das corais. Sen darme conta, a música e eu empezamos unha gran amizade, de forma irremediable. Uns anos despois decidín chamar (ás agachadas) ao programa de TV "Menudas Estrellas". Imaxinádevos a cara da miña nai cando chamaron da tele para citarme para o primeiro casting... Fun seleccionada e actuei en varios programas, ata semifinais, onde imitei a Paloma San Basilio. A partir dese momento empecei a aparecer en moitos programas de Televisión de Galicia.
Máis eventos de tipo Concerto