Evento: Decir adiós no es olvidarte

Decir adiós no es olvidarte
sábado, 26 novembro, 2022 - 20:30
Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa,
Vilagarcía de Arousa

Decir adiós no es olvidarte

Presentación do libro de Yago Gómez

Cando Alejandro coñeceu a David, o seu sorriso pareceulle a maxia que podería salvalo de si mesmo. Durante anos ambos se consideraron afortunados, crían que o amor que compartían era capaz de aguantar todo tipo de tormentas. Todas menos unha.

Fai dez anos que se foi de Madrid deixando a súa dor, o seu corazón e a David sen apenas dar explicación. Agora Alejandro está preparado para enfrontarse ao pasado e a David, quen non conseguiu perdoalo, pero tampouco esquecelo.

Nun relato en dous tempos, esta novela é unha viaxe pola historia dunha parella: o doce comezo, a familiaridade da rutina, os dolorosos silencios e, tras o adeus, o tramposo xogo da memoria ao que todos nos vimos abocados nalgunha ocasión. Escrita cunha sensibilidade irresistible, Yago Gómez Duro demóstranos que só se estamos dispostos a perdoar o pasado, poderemos empezar a sanar un corazón roto.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello
Toponimízate 2025
2 de outubro
Casa das Letras - Biblioteca municipal