Evento: III Concurso de Fotografía da Natureza

  • III Concurso de Fotografía da Natureza
III Concurso de Fotografía da Natureza
luns, 24 outubro, 2022 a luns, 31 outubro, 2022
Museo de Historia Natural 'Luis Iglesias',
Santiago de Compostela

III Concurso de Fotografía da Natureza

Convocatoria de concurso de fotografía

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela organiza o seu III Concurso de Fotografía da Natureza, aberto a fotógrafos afeccionados e profesionais sen límite de idade, este ano dedicado ao mundo dos insectos. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías orixinais, inéditas e non premiadas noutros concursos, que se enviarán en formato dixital a comunicacion.museohistorianatural@usc.es antes do 31 de outubro ás 23:59h.

O xurado fará unha selección entre as obras presentadas, que se expoñerán no MHN USC xunto coa exposición “Bolboretas e escaravellos: un mundo de cores e formas”. Entre as fotografías seleccionadas, elixira ás tres gañadoras. O primeiro premio será de 300€, 200€ para o segundo e 100€ para o terceiro clasificado.

O fallo do xurado producirase no mes de novembro de 2022 e darase a coñecer o mesmo mes na web da asociación http://www.usc.gal/museohn/museo/amigos.html. A entrega dos premios farase no acto de inauguración da exposición das fotografías seleccionadas.

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Museo Etnográfico Liste de Vigo_programación de actividades primeiro trimestre de 2025
Programa de actividades do primeiro trimestre
1 de xaneiro a 20 de maio
Museo Liste Vigo
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola