Evento: O Galiverso empeza aquí

O Galiverso empeza aquí
martes, 25 outubro, 2022 a venres, 30 decembro, 2022
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

O Galiverso empeza aquí

Experiencia de realidade virtual.

O Galiverso empeza aquí é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de mostrar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural, etc.) dunha maneira diferente. Sen saír da Cidade da Cultura, poderedes viaxar en globo polo escarpado Canón do Sil, mirar A Coruña desde o alto desde a lanterna da Torre de Hércules ou descubrir o templo romano de Santa Baia de Bóveda, entre outras experiencias.

Hai lugares que só se poderán visitar entrando no Galiverso, como a Cripta do Apóstolo, pechada ao público xeral na propia Catedral de Santiago? e outros que polas súas características ou localización non resultan fáciles para as persoas con dificultades de mobilidade, como os tellados da Catedral de Tui. O uso da realidade virtual facilita gozar deles dunha maneira única, accesible e respectuosa coa súa conservación.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Recomendacións do club de lectura de cómic
Recomendacións do club de lectura de cómic
1 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense