Evento: Fuzzo
Fuzzo comeza a súa andaina no verán de 2015. A formación reúne a tres estrelas da escena do jazz galego: Virxilio da Silva na guitarra, Xan Campos nos teclados e Chus Pazos na batería. Defínense a si mesmos como unha banda de improvisación libre acumulativa, e fan dos seus concertos unha verdadeira experiencia de salvaxe éxtase creativa.
De todo o que fan estes tres músicos, pódese dicir que son especialmente habilidosos na deconstrución de ideas musicais, e que se teñen aventurado nunha estética máis próxima ao rock, sen abandonar a improvisación como canle fundamental de expresión musical. Na súa música pódese escoitar dende psicoddelia, blues, krautrock, prog e free jazz; até noise, música eléctrónica e afro beat.