Evento: Conmemoracións polo Día das Bibliotecas
Conmemoracións polo Día das Bibliotecas
Como todos os anos celebramos o noso día con numerosas actividades ao longo da semana. Vide gozar delas!
Xoves 20 de outubro: Contacontos "Ssshhhhh... A durmir!"
Olga Cuervo. De 0 a 3 anos. Dúas sesións: 17:30 h. e 18.15 h.
Sábado 22 de outubro: Contacontos "Un paseo pola casa do maxín"
Cucarandainas. De 4 anos en adiante. 12:00 h.
Luns 24 de outubro: Xornada de portas abertas
Visitas guiadas ás 12:30 e ás 18:00 h. Poderedes coñecer o edificio da biblioteca e os servizos que ofrece para sacar o máximo aproveitamento dela. Impartido polo persoal técnico da biblioteca.
Luns 24 de outubro: A maxia das bibliotecas
David Méndez. Ven e descubrirás cantos segredos esconde a nosa biblioteca, un espazo para desconectar do mundo e viaxar coa imaxinación.
De 4 anos en adiante. 18:30 a 20:00 h.
EXPOSICIÓNS
1-30 de outubro: Palabra de biblioteca: pregóns e carteis do Día das Bibliotecas. O Día das Bibliotecas comezouse a celebrar o ano 1997. Dende entón cada ano faise un cartel conmemorativo por parte de recoñecidos profesionais da ilustración e un persoeiro das letras escribe un pregón falando da labor das bibliotecas: lembramos algúns deses carteis e discursos.
18 de outubro-2 e novembro: Libros acompañados
Recolle unha selección de libros con peluches inspirados nos contos para os máis novos da casa. Un recurso máis para teatralizar as historias, para que os nenos e as nenas se entusiasmen aínda máis coa lectura, e cóllanlle agarimo aos personaxes que viven nos libros...
Máis eventos do ciclo Día da Biblioteca
