Evento: Xogar, aprender, medrar
Xogar, aprender, medrar
Xogar, aprender, medrar
Xornadas de xogos de mesa en galego para promover o xogo en familia e a normalización da lingua.
Empréganse nelas os xogos artesanais da empresa Brazolinda, en galego e deseñados para que poidan xogar xuntos grandes e pequenos. Estes xogos teñen unha grande aceptación entre as familias e tamén se empregan como material didáctico nas aulas, pois a través das matemáticas, da expresión oral, da mitoloxía galega, do Camiño de Santiago, das adiviñas... favorecen a socialización ao tempo que fomentan, non só a aprendizaxe de contidos, senón tamén a introdución do galego en calquera ámbito ou temática educativa.
Máis eventos do ciclo FalaRedes

31 de maio, 11:00
Salón da Cooperativa - A Arnoia - Ourense

7 de xuño, 17:00
Pazo da Peregrina de Bertamiráns - Ames - A Coruña

7 de xuño, 19:00
Teatro Coliseo Noela - Noia - A Coruña

7 de xuño, 19:30
Praza do Cantón (en caso de chuvia no Auditorio) - Chantada - Lugo