Evento: Doce mestres sen discípulo (Ecos actuais do pensamento filosófico e literario)

Doce mestres sen discípulo (Ecos actuais do pensamento filosófico e literario)
mércores, 19 outubro, 2022 a mércores, 8 febreiro, 2023
Praza do Toural, Pazo de Bendaña,
Santiago de Compostela

Doce mestres sen discípulo (Ecos actuais do pensamento filosófico e literario)

A idea deste curso é estudar doce figuras do pensamento que seguen sendo moi actuais. Case todas elas están relacionadas coas vangardas do pasado século e coas urxencias éticas do actual. Non obstante, estud...

A idea deste curso é estudar doce figuras do pensamento que seguen sendo moi actuais. Case todas elas están relacionadas coas vangardas do pasado século e coas urxencias éticas do actual. Non obstante, estudaremos estas figuras ao marxe das respectivas "escolas" que crearon. Os discípulos son unha consecuencia inevitable do impacto dun pensamento vigoroso, mais á vez unha fonte que converte nun outro canon máis o que naceu de modo orixinal, dunha vida que pensou de novo a inmediatez común.  Cambiando a imaxe que tiñamos do presente, os clásicos o son polo que fixeron, non só polo que dixeron. Como falamos de pensamento, no só de "Filosofía", podemos incluír a figuras como Freud, Lacan, Clarice Lispector e outros "intrusos" que son pensadores cardinais do Occidente contemporáneo.As sesións serán moi interactivas, cunha duración de hora e media. O taller incluirá un texto previo cunha proposta de lectura, unhas preguntas iniciais para os inscritos e cuestións destacadas, máis un listado de obras principais e material audiovisual ilustrativo.  Cada sesión comeza cunha presentación breve, sinxela e provocadora de 45 minutos, seguida da discusión máis aberta posible. O coordinador do taller comprométese a corrixir e devolver os comentarios escritos que os matriculados queiran facer sobre os autores que sexan. Co fondo de Nietzsche, Heidegger e outros clásicos do pensamento, a lista de nomes e a seguinte:1) Sigmund Freud: 19 de outubro.2) Ludwig Wittgenstein: 26 de outubro.3) Simone Weil: 2 de novembro.4) Walter Benjamin: 10 de novembro.5) Hannah Arendt: 16 de novembro.6) María Zambrano: 23 de novembro.7) Jacques Lacan: 30 de novembro.8) Michel Foucault: 11 de xaneiro.9) Gilles Deleuze: 18 de xaneiro.10) Alain Badiou: 25 de xaneiro.11) Giorgio Agamben: 1 de febreiro.12) Clarice Lispector: 8 de febreiro.Ignacio Castro Rey é filósofo, crítico de cine, de arte e da cultura. Ademáis de múltiples artigos e conferencias, de ser profesor invitado en distintas universidades españolas e extranxeiras, Castro Rey publicou diversos libros. O derradeiro deles chámase Sexo y silencio (Pre-Textos), precedido de En espera (Sobre a hipótese dunha violencia perfecta), Lluvia Oblicua (Pre-Textos), Roxe de sebes (Mil días en la montaña) e Ética del desorden (Pre-Textos). Anteriormente publicou tamén, entre outros, Sociedad y barbarie, Votos de riqueza, La depresión informativa del sujeto e Crítica de la razón sexual. Desde a sua tarefa como xestor cultural editou os volumes colectivos: Neste silencio (arredor de U. Novoneyra), Junto a Jünger, Informe sobre el estado del lugar e, en colaboración coa U. Complutense, Otro marco para la creación.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de cómic e banda deseñada
5 de outubro
Biblioteca Pública Municipal de Ames-Bertamiráns
Creamos o noso Pop Up
7 de outubro
Biblioteca Pública Municipal María José Ruso
Creación de monicreques de pau
9 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
“Estudar é + doado se sabes COMO” (5ª Sesión)
11 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo