Evento: Faia & Benxamín Otero

Faia & Benxamín Otero
venres, 14 outubro, 2022 - 21:00
Salón García,
Vilagarcía de Arousa

Faia & Benxamín Otero

Concerto da cantautora.

Faia Díaz, fundadora e integrante do grupo musical De Vacas, Coro Encaixe e a compañía A Patacón,  presenta un espectáculo novo que en realidade é unha evolución, un paso máis no seu proceso creativo desde o seu primeiro disco, Ao cabo Leirín (2019). Como constante nas súas creacións, a muller volve ser protagonista, portadora dunha identidade rica, xenuína e diversa.

A  voz e percusións tradicionais  de FAIA están acompañadas por Benxamín Otero con corno inglés e  a caixa de música e por Hevi en son e produción.

No directo atopámonos cun espectáculo íntimo, unha experiencia pola que deixarse levar  pola verdade do canto.

Máis eventos de tipo Concerto

Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5