Evento: Curtas. Festival do Imaxinario
Curtas. Festival do Imaxinario
Desde que Marty McFly viaxou ao 21 de outubro de 2015 na segunda entrega de «Regreso ao Futuro», ese día converteuse no elixido para celebrar esta icónica saga en todo o mundo. Curtas Festival do Imaxinario celebrará a súa 50 edición do 21 ao 30 de outubro de 2022. Coincidencia? Poida que si, poida que non. Pero o certo é que non podiamos deixar pasar a ocasión e por tal motivo o leit motiv do festival serán as viaxes no tempo, coa saga «Regreso ao Futuro», dirixida por Robert Zemeckis, como eixo central dunha viaxe a través dos pasados 50 anos do cinema fantástico.
O cartel, obra por segundo ano consecutivo do artista arxentino Flavio Greco presenta a celebración destes cincuenta anos cunha nutrida selección de robots e androides cinematográficos, reunidos na contorna do Convento de Vista Alegre de Vilagarcía de Arousa, e como centro da celebración Maria de «Metrópoles» e Ava de «Ex Machina» chegando á celebración un Delorean.
Máis eventos de tipo Festival