Evento: Garufa Blue Devils BigBand

Garufa Blue Devils BigBand
venres, 17 marzo, 2023 - 22:00
Garufa Club,
A Coruña

Garufa Blue Devils BigBand

Concerto de música clásica.

É unha orquestra formada por 19 músicos e 4 cantantes nun formato clásico de big band (4 trompetas, 4 trombóns, 5 saxofones, batería, contrabaixo, guitarra, piano, percusión e outros instrumentos segundo as esixencias do repertorio).

A música que interpreta a orquestra está baseada nun repertorio de temas clásicos dos anos 30 e 40 , época dourada das grandes orquestras de swing en Estados unidos e os grandes musicais.

A dirección da orquestra recae en mans de Roberto Somoza, que se encarga tamén dos arranxos musicais, deseñados especificamente para esta formación.

  • GARUFA BLUE DEVILS BIG BAND - (A Coruña, Garufa Club 30.10.14)

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
14 de agosto
Praza da Galicia
Concerto de Abril Dúo
14 de agosto
Campo da Feira
Ghrelo power
15 de agosto
Alameda