Evento: Ataque Escampe

Ataque Escampe
sábado, 26 novembro, 2022 - 20:00
Teatro Colón,
A Coruña

Ataque Escampe

Concerto da banda compostelá.

A banda compostelá Ataque Escampe, en colaboración co videógrafo David Silva, presenta este espectáculo audiovisual con música en directo no que, a través de máis dunha ducia de episodios, alternará cancións do seu próximo disco previsto para 2023 con algunhas das pezas máis inexploradas do seu repertorio. Coa música, a proposta visual está atravesada por imaxes que vertebran pasado e futuro, o mundo dos vivos e o mundo dos mortos. Mediante o fío condutor dun vello Mercedes e cunha estética case mística pola que se filtra a realidade, Na noite brillan explora as ideas da reencarnación e da metamorfose a través da vida dunha banda de pop.

Máis eventos de tipo Concerto

O rianxeiro
23 de setembro
Praza da Igrexa
Dr. Feelgood
23 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concertos nos barrios
25 de setembro
Rúa do Campo de Conxo