Evento: Cocorico

Cocorico
sábado, 17 decembro, 2022 - 18:00
Forum Metropolitano,
A Coruña

Cocorico

Espectáculo de monicreques.

Cocorico é un pollito que vive feliz coa súa nai. Un día, Mamá Galiña vai facer un biscoito e o pollito ofrécese a buscar leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere comer pero Cocorico consegue salvar a súa vida prometéndolle a metade da merenda. Pasado o perigo, o glotón de Cocorico esquece o trato e cómese o biscoito enteiro.

A mamá enfádase: "Vai vir Gato Pelado e vaiche a comer dun bocado!" Entón óese un ruído na porta, ¡é Gato Pelado que vén a por a súa metade de biscoito!

Unha adaptación do libro homónimo «Cocorico» da autora Marisa Núñez e a ilustradora Helga Bansch, un dos títulos máis vendidos da editorial OQO, referente no mundo da literatura infantil. O libro é unha adaptación dun conto popular birmano con todos os ingredientes e respectando a dramaturxia do conto tradicional.

Un espectáculo colorido cheo de personaxes entrañables. Os monicreques, a iluminación e a banda sonora fan desta historia un éxito imprescindible para o público familiar, un espectáculo cheo de pequenos detalles con tinguiduras de humor e claras referencias ao cinema de animación infantil.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
4 de agosto
Praza do Centro Multifuncional Xesús Mato Mato
Os Bolechas e o gran reto
5 de agosto
Praza do Corgo
A xira do cuarto de século
8 de agosto
Parque Barosa
Os Bolechas e o gran reto
20 de agosto
Praza do Convento