Evento: Faustino Santalices. Tradición musical galega

  • Faustino Santalices
Faustino Santalices. Tradición musical galega
xoves, 19 marzo, 2015 a domingo, 12 abril, 2015
Edificio Sarmiento - Museo de Pontevedra,
Pontevedra

Faustino Santalices. Tradición musical galega

Mostra aor redor dunha das figuras centrais da música galega

Esta mostra pretende aproximar ao espectador a excepcional personalidade de Faustino Santalices, as súas investigacións e creacións, a súa dimensión como artesán, luthier e científico, e a súa relevancia como extraordinario divulgador da nosa tradición musical.

Faustino Santalices Pérez (Bande 1877-Madrid 1960) é unha das figuras centrais da música galega, piar fundamental para coñecela e comprendela: investigador, divulgador, artesán e intérprete de prestixio, podémolo considerar con toda xustiza o artista total. Foi un home de vastísimos coñecementos, que dende moi novo embebeuse en todo tipo de saberes artesanais nas carpinterías e fraguas de Ourense —era amigo dos bos traballadores, como el mesmo se denominaba—. Ó mesmo tempo, por mor da súa posición como Secretario de Gobernación, pertenceu a unha elite social e intelectual que dende unha óptica rexeneracionista revitalizou a música galega.

Os instrumentos, pezas e unha parte substancial da documentación desta exposición foron cedidos polo seu fillo Faustino Santalices Muñiz e familia, quen non só conservou íntegro e reuniu para a posteridade todo o arquivo documental e musical, o torno e as ferramentas de artesanía e máis a colección de instrumentos do seu pai, senón que, sobre todo, foi a súa memoria viva e presente, plenamente consciente do valor e transcendencia que ten o excepcional legado de Faustino Santalices para a cultura galega.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n