Evento: Un mar de libros
Un mar de libros
A vida cabe nun libro. E os mares tamén; aventuras imaxinarias, historias reais de viaxeiros que se enfrontaron ao mar, lendas de mariñeiros, contos para nenos (e non tan nenos)…
O océano, fonte de vida imprescindible, atopa no Festival Mar de Mares unha plataforma multidisciplinar desde a que celebrar a súa riqueza, pero tamén desde a que alertar dos perigos que axexan ao que é o maior ecosistema do planeta.
A Coruña loce orgullosa o seu carácter atlántico durante os días de setembro nos que o Festival a converte na capital do mar: arte, ciencia, activismo, educación, gastronomía, deporte e emprendimiento, todos os sectores e axentes da cidade unen forzas para converter Mar de Mares nun evento único por e para o océano do que as bibliotecas tamén queremos participar.
Se queres vivir o mar dunha forma diferente, dá unha volta polas bibliotecas, nelas atoparás un sen fin de relatos sobre os océanos que che farán vibrar coma se estiveses a tripular unha goleta.
Desde as aventuras do Capitán Ahab ao desconsolo do pai de Nemo, enrólate nas Bibliotecas Municipais da Coruña e o seu programa Biblioteca Verde , un espazo para informar, reflexionar e compartir.
Máis eventos de tipo Festival