Evento: Sacra Festival 2022: Davide Salvado y Cibrán Seixo

Sacra Festival 2022: Davide Salvado y Cibrán Seixo
venres, 5 agosto, 2022 - 22:00
Pazo de Tor,
Lugo

Sacra Festival 2022: Davide Salvado y Cibrán Seixo

Concerto de música tradicional galega.

Davide e Cibrán son grandes coñecedores da tradición musical galega, e co proxecto Sen Xente achégannos a música atlántica: música tradicional ibérica, fado, bolero e jazz; pasado polo filtro sonoro de instrumentos de corda (violíns, violas, guitarras).

Ademais de sintetizadores e loops que nos achegan a imaxinarios nunca antes percorridos. Unha proposta que, como o seu nome e un dos temas do seu repertorio indican, fala dunha «Terra sen Xente» que aínda que profundamente melancólica é á súa vez excepcionalmente romántica.

Davide ten unha formación autodidacta, e durante a súa mocidade percorreu a xeografía galega recollendo música tradicional non só de Galicia senón de moitos outros lugares do noroeste peninsular.

Premio Martín Códax na categoría de música tradicional galega en 2014 e tamén en 2017.

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5