Evento: Sacra Festival 2022: Davide Salvado y Cibrán Seixo
Sacra Festival 2022: Davide Salvado y Cibrán Seixo
Davide e Cibrán son grandes coñecedores da tradición musical galega, e co proxecto Sen Xente achégannos a música atlántica: música tradicional ibérica, fado, bolero e jazz; pasado polo filtro sonoro de instrumentos de corda (violíns, violas, guitarras).
Ademais de sintetizadores e loops que nos achegan a imaxinarios nunca antes percorridos. Unha proposta que, como o seu nome e un dos temas do seu repertorio indican, fala dunha «Terra sen Xente» que aínda que profundamente melancólica é á súa vez excepcionalmente romántica.
Davide ten unha formación autodidacta, e durante a súa mocidade percorreu a xeografía galega recollendo música tradicional non só de Galicia senón de moitos outros lugares do noroeste peninsular.
Premio Martín Códax na categoría de música tradicional galega en 2014 e tamén en 2017.