Evento: O murmurio do mar, da Xanela do Maxín
O murmurio do mar, da Xanela do Maxín
O murmurio do mar, da Xanela do Maxín
Lendas e cancións para os pequenos da casa
O murmurio do mar recolle sons, lendas e cancións. Dende tempos inmemoriais o mar, ademais de ser unha inesgotable fonte de inspiración para debuxantes, músicos e poetas, agocha historias e aventuras de sereas, piratas e vellos mariñeiros. O espectáculo represéntase a través de contos e música, empregando monicreques, instrumentos musicais e outros elementos.
Entradas: 5 euros (4 euros, con desconto)