Evento: A meiga da fonte

A meiga da fonte
venres, 7 outubro, 2022 - 18:30
Casa Cultura Pintor Lloréns,
Sada
Espectáculo a cargo da escola Galega de Teatro Musical

Silva vive nunha fonte da Coruña que concede desexos á xente de bo corazón que

bebe dela. Cada ano a fada Pupeiriña, cuxo maior desexo é ser a primeira fada

influencer, axúdaa a conxurar un meigallo que permite que a fonte continúe a ter

poderes. Non obstante o malvado Lambirón envelena a auga e secuestra a Silva. Pupeiriña,

coa axuda do Diantre e dos nosos espectadores, terá que reunir todos os

ingredientes do meigallo e atopar a Silva antes da medianoite para executar o

conxuro e salvar a fonte.

 

Neste contacontos interactivo irmánanse tradición e actualidade.

Presentanse figuras míticas do imaxinario popular galego, mediante as que

se espoñen problemáticas como as consecuencias dun mal uso da tecnoloxía e das

redes sociais. Asemade trátase a importancia do patrimonio cultural que hai nos

barrios e pobos galegos e que é descoñecido para nós, así como a necesidade

dunha colaboración colectiva para poder mantelo. Para isto servimonos da amizade

de dúas heroínas femininas que loitarán ata o final por conseguir os seus

obxectivos.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O auto do Castromil
25 de maio, 19:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
As desterradas
25 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
Perder a lingua
30 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
O que hai que ver
30 de maio, 21:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra