Evento: Sona Gaifar

Sona Gaifar
venres, 8 xullo, 2022 a sábado, 9 xullo, 2022
Dunas de Nigrán,
Nigrán

Sona Gaifar

Festival de música electrónica.

Sona Gaifar, é o ciclo de concertos e sesións de DJ que naceu o pasado verán en Nigrán como unha proposta dedicada á música electrónica e outros estilos fronteirizos. Este ano, transfórmase nun formato de minifestival de dous días, condensados nunha mesma fin de semana. O que non cambia é o concepto e o espírito do proxecto: contribuír e complementar a oferta musical e cultural do verán na o localidade, a través de propostas musicais inéditas e conectadas con correntes actuais, ademais de apoiar ao tecido artístico e as empresas colaboradoras e provedores de Nigrán, Val Miñor e contorna de influencia.

O formato, duración do evento e número de propostas artísticas deste ano segue condicionado pola excepcional situación que estamos a vivir. A pesar diso, Sona Gaifar presenta un cartel cunha notable presenza de artistas femininas, un equilibrio entre propostas emerxentes e outras de maior percorrido nas súas carreiras, e un compoñente estilístico que atende a diversas manifestacións da música electrónica.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos