Evento: Latitudes Festival 2022

Latitudes Festival 2022
venres, 19 agosto, 2022 a sábado, 20 agosto, 2022
Muelle de Trasatlánticos,
Vigo

Latitudes Festival 2022

Festival de indie rock.

sta primeira edición do festival Latitudes celebrarase os días 19 e 20 de agosto e contará coa presenza como cabeza de cartel do lendario rockeiro e padriño do punk rock, Iggy Pop.

Outros dos artistas participantes no festival Latitudes son os escoceses Two Door Cinema Club, The Vaccines co seu indie rock británico e os Mando Diao, que farán mover a todo o público co seu ritmo. En canto ao apartado nacional estarán Bala, coa súa particular mestura de punk, rock e grunge presentando o seu exitoso último disco «Maleza». Non faltarán os vigueses Aphonnic co seu potente metal alternativo, nin tampouco o recentemente formado grupo Zålomon Grass co seu rock and roll clásico con tinguiduras de psicodelia. E para finalizar a nova banda (en canto a idade dos membros) Furious Monkey House, que a base de tempo e concertos están nun gran momento.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos