Evento: Vértigo

Vértigo
luns, 22 agosto, 2022 - 21:00
Pazo de Goiáns,
Boiro
Espectáculo de danza vertical a cargo da compañía Pistacatro

En Vértigo de Hitchckok, se eliminamos a Scottie, quédanos ela, ou elas, as dúas personaxes que interpreta Kim Novak: Madeleine e Judi. E elas o enchen todo.
Scottie tan só é un narrador, unha inxenua testemuña da espesa arboreda feminina do filme, maduro bosque de sekoyas.
Na parede, no muro ou no precipicio, a compañía Pistacatro da man das Duelirium trata de evocar unha atmósfera dura, reptil, percorrer o trasunto que vai da unha á outra, que empeza na penumbra e remata no abismo.
As rutinas que se suceden no espectáculo parten dun entorno de investigación sen abandonar en ningún momento a vertiente espectacular das artes verticais.
Proposta artística de Pistacatro Productora de Soños.
Vértigo é a primeira peza de Danza Vertical en parede que se fai en Galicia e que propón outros escenarios onde poder levar o circo e as artes do movemento da man da compañia galega Pistacatro.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Tavole
14 de xuño, 20:30
O Cantón da Leña - A Pobra do Caramiñal - A Coruña
O Mago Antón presenta: 50 (1975-2025)
15 de xuño, 16:15
Beche Folgoso - Abegondo - A Coruña
Somos circo
15 de xuño, 16:15
Beche Folgoso - Abegondo - A Coruña
O último que apague a luz
15 de xuño, 20:30
O Cantón da Leña - A Pobra do Caramiñal - A Coruña