Evento: Venres Emprendedores: Rei Zentolo
Venres Emprendedores: Rei Zentolo
Venres Emprendedores: Rei Zentolo
Descubre da man de Salva e Pablo, artífices de Rei Zentolo, os retos de emprender
Salva e Pablo, dous dos artífices da marca de deseño Rei Zentolo, inauguran os Venres Emprendedores, unha cita mensual con profesionais que no seu día deron o paso e hoxe constitúen un caso de éxito.
A modo de coloquio, permitirannos coñecer dunha forma creativa e orixinal a súa experiencia, cos seus problemas e dificultades e pero tamén os seus acertos. A interacción entre público e relatores facilitarase nunha sesión de networking informal posterior, onde todos os presentes poderán intercambiar experiencias e coñecementos ao redor das degustacións que ofrecerá o Instituto Galego do Viño.
+ info: https://www.cidadedacultura.org/gl/evento/venres-emprendedores