Evento: A maxia de Jorge Blass

A maxia de Jorge Blass
sábado, 5 novembro, 2022 - 20:00
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

A maxia de Jorge Blass

Espectáculo de maxia.

Sobre o escenario sucederán efectos imposibles e visualmente espectaculares. Aparicións, desaparicións, levitacións imposibles e maxia interactiva na que o público é o protagonista. Todo iso envolto nun halo de misterio e unha coidada estética que consegue que volvamos ilusionarnos e soñar o imposible.

Neste espectáculo alucinarás coa súa extraordinaria forma de facer maxia. Jorge realiza novas ilusións con tecnoloxía do século XXI, un dron como axudante e moitas máis sorpresas. Coa Maxia de Jorge Blass vivirás en directo ilusións que cativaron a personaxes como Jackie Chan, Vin Diesel, Scarlett Johanson, Plácido Domingo ou ao mismísimo David Copperfield, quen adquiriu os dereitos dun truco que Jorge realiza no show empregando Redes Sociais e maxia, e que a estrela da maxia americana presentará no seu show das Veigas. Espectaculares efectos máxicos cos que Jorge percorre o mundo actuando en teatros e televisións das Veigas, Hollywood ou Shangai.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A xira do cuarto de século
8 de agosto
Parque Barosa
250813_cartel_feas
As Josefas
13 de agosto
Centro Social de Feás.
Os Bolechas e o gran reto
20 de agosto
Praza do Convento
Os Bolechas e o gran reto
21 de agosto
Alameda de Raxoi